Sobe o prezo do leite de vaca en novembro en España e cae a produción

Continúa a suba de prezos do leite de vaca en España nun outono marcado pola caída da produción. Se en outubro xa houbo unha suba media de case un céntimo, a tendencia á alza continuou no mes de novembro, segundo os datos do Fondo Español de Garantía Agraria que veñen de ser publicados.

En concreto, o prezo medio do leite en orixe en España situouse nos 0,341 euros o litro, fronte aos 0,337 euros de outubro. Sen embargo, en Galicia a suba do prezo foi a metade que en España: 0,329 euros o litro, polos 0,327 de outubro.

Esta lixeira suba estacional atribúese á mellora dos sólidos do leite, unhas calidades medias que en novembro foron do 3,84 de graxa e do 3,40 de proteína. En Galicia, a porcentaxe media de graxa foi do 3,91 e a de proteína do 3,39.

PREZOS LEITE ESPAÑA NOVEMBRO

En canto aos volumes de entregas, en novembro foron á baixa: na media española a produción foi un 0,14% inferior ó mesmo mes do ano pasado,. Porén, Galicia continúa sendo a excepción, destacando polo seu contínuo aumento de produción, que chegou ao 3,53% en relación a novembro do 2019. Se se descontara Galicia, a produción de leite en España tería caído un 2,49% en novembro.

PRODUCION LEITE ESPAÑA NOVEMBRO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información