O mercado de Amio celebrou hoxe unha nova poxa e presenta unha suba de 10 euros nos prezos da recría e de 0,1 euros os de todas as canles do vacún de matadoiro.
En relación á asistencia do gando, na xornada de hoxe rexistráronse 1.509 reses, 85 menos que á do 9 de outubro. En detalle, houbo 1.292 cabezas de vacún menor (34 menos que na sesión anterior); 52 de vacún mediano (+4) e 165 de vacún grande (-55).
Finalmente, na xornada de hoxe os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron, por maioría, subir 0,07 euros os prezos das canles de ambas as categorías: Suprema e Ternera.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (16-X-2024)