Sobe o prezo da recría en Silleda

A Central Agropecuaria ha rexistrado subida en case todas as categorías dos tenreiros e o vacún maior

Sobe o prezo da recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe unha afluencia de 1.227 animais, dos cales 1.156 foron adxudicados. En canto aos prezos, houbo subas en case todas as categorías de becerros e vacún maior.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 159 euros, 10 euros máis que a pasada semana; os de 21 a 50 días a 209 euros, cun incremento de 17 euros, e os de máis de 50 días a 218 euros (+3 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 396 euros (+14 euros), mentres que as femias vendéronse a 264 euros (-49 euros). Os de 21 a 50 días chegaron aos 448 euros (+19 euros) e as femias baixaron 51 euros e quedaron en 314 euros de prezo medio. Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 703 euros (-+73 euros) e as femias de 411 euros (-79 euros).

18_06_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial baixaron 42 euros con respecto á poxa pasada e alcanzaron un valor medio de 1.052 euros; mentres que as femias subiron ata os 989 euros (+51). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.372 euros de media os machos, o que supón unha suba de 63 euros, mentres que as femias baixaron 15 euros, até os 1.078 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema incrementaron 50 euros o seu valor e fixan unha media de 1.185 euros por animal.

No vacún maior houbo suba nas categorías primeira, de 6 euros e con valor medio de 1.158 euros, e segunda, cun incremento de 20 euros e fixando un prezo de saída de 797 euros. Na categoría extra, o prezo caeu ata os 2.081 euros (-86) e na de desfeito baixou 60 euros, ata os 425 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,845 euros; o normal en 1,82 euros e o de Canle II nos 2,364 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,86 e 0,96 euros o quilo, cunha baixada de 0,06.

18_06_2024_page-0002

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 87 euros (cun prezo de 4,35 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 82 euros e cun prezo por quilo de 4,1 euros; ambos presentan unha baixada de 1 euro.

O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada nos da XL (2,83) e a L (2,24) e baixa 0,02 nos da M (1,98) e a S (1,68).

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información