Sobe a contratación de seguros de gando vacún e para cultivos forraxeiros

Sobe a contratación de seguros de gando vacún e para cultivos forraxeiros

Plantación de millo forraxeiro afectado pola seca

A contratación de seguros de vacún de leite e de carne así como de millo forraxeiro segue a medrar en Galicia. En concreto, a liña 401 de vacún de leite e de carne acadou en outubro 234.388 animais asegurados, o que supón un 2,20% máis que no mesmo mes de 2015. Así se desprende dos datos facilitados por Agroseguro.

Pero sen dúbida a póliza que máis está a aumentar en Galicia é a liña 315 de explotacións forraxeiras: na campaña 2016 estaban aseguradas 6.650 hectáreas de millo forraxeiro en Galicia, o que supón un incremento do 52,18% con respecto á campaña de 2015. Este seguro, que cobre a colleita de millo deste cultivo fronte ás adversidades climáticas -fundamentalmente seca-, entre outros riscos, acada xa o 15% da superficie de millo forraxeiro cultivada en Galicia, arredor dunhas 60.000 hectáreas.

Polo demais, o número de pólizas de seguros agrarios contratados en Galicia situouse en outubro nas 47.966, o que supón un descenso do 4,91% respecto ao mesmo mes do ano pasado. Baixaron sobre todo as liñas pecuarias, un 6,16%, ata situarse nas 3.452 pólizas; ao igual que as de retirada de cadáveres, un 5,06 %, quedando nas 43.764, mentres que as pólizas das liñas agrícolas subiron un 12,28% ata as 750.

En canto ao capital asegurado, segundo os datos de Agroseguro situouse nos 491,3 millóns de euros: 344,9 para as liñas pecuarias, 124,4 millóns de euros para as pólizas de retirada e 21,8 para as liñas agrícolas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información