Sobe 15 euros o prezo da recría de Rubia Galega en Amio

Sobe 15 euros o prezo da recría de Rubia Galega en Amio

Na sesión desta semana do mercado de Amio destaca a suba de 15 euros nos prezos do gando de recría da raza Rubia Galega, segundo o sondeo realizado pola organización entre os asistentes.

En canto ás cotizacións da Ternera Gallega, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida decidiron subir 0,02 euros os prezos de todas as canles da categoría Suprema e 0,03 euros os de Ternera.

No mercado, a asistencia de gando foi maior que a do 5 de febreiro, en concreto 33 reses máis, chegando así ás 1.474 cabezas. En detalle, houbo 1.236 cabezas de vacún menor, nove máis que a sesión anterior; 55 de vacún mediano (-13) e 183 de vacún grande (+37).

Máis información

– Táboa de cotizacións de Amio (12-II- 2025)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información