Situación do mercado de vacún de carne en España

A organización interprofesional Provacuno ven de presentar o seu barómetro do mes de maio, no que recolle as cotizacións e movementos de gando e de carne no sector vacún español. O estudo realízase en colaboración con Mercolleida e empréganse datos de, entroutras entidades, as lonxas de Binéfar, Lleida e Salamanca a Comisión Europea, O Ministerio de Agricultura ou o Instituto Nacional de Estatística

Becerros carniceiros en Silleda na sesión deste martes, na que se retomou a feira de gando vacún

Becerros carniceiros en Silleda na sesión deste martes, na que se retomou a feira de gando vacún

As cotizacións rexistradas polo Ministerio de Agricultura no mes de maio confirmaron a tendencia á baixa nos prezos do vacún de carne que xa se viñan apuntando nos meses previos. O desequilibrio estrutural -cunha oferta de animais superior á demanda interna e externa, moi debilitadas- levaron os mercados a priorizar a saída de gando.

No mercado interno, a inflación e a perda de poder adquisitivo levaron a que o consumo se decantara por opcións cárnicas máis asequibles como o polo e o porco.

Os matadoiros seguen tendo as cámaras frigoríficas cheas de stock. Dese xeito, non hai urxencia nas compras e as programacións de sacrificio van con atraso. Na exportación, a carne española perde competitividade fronte a outros grandes produtores como Polonia, Alemania ou Brasil, que ofreceron prezos máis rebaixados.

A reactivación da exportación en vivo foi insuficiente para aliviar as bolsas de gando acumulado. Mercados diferenciais como Arxelia mantivéronse paralizados por cuestións sanitarias.

Complicouse tamén a comercialización de animais pesados. E non se desbota que os prezos nese segmento sigan baixando. O motivo: o mercado libre presentou ofertas por baixo das referencias oficiais. Dese xeito asegurouse a saída do gando.

Cara finais do mes, os gandeiros -asegura Provacuno- centraron os seus esforzos en recuperar fluxo de vendas, pasando o prezo a un segundo plano.A única parte positiva centrouse no mercado de reposición, que logo de meses de resistencia, comezou a rexistrar descensos nos prezos de pasteiros e xatos mamóns.

A moderación nos custes de entrada deu un alivio económico aos cebadeiros. Algo importante de cara a un verao que se prevé complicado. Por categorías, os añojos foron penalizados polo seu peso excesivo e o que o MAPA califica de “falta de dinamismo na exportación”.

BEEFMASTER carne

Os añojos de R e pesos intermedios alcanzaron un prezo medio de 7,06 €/kg, é decir, unincremento de 0,28 €/kg respecto a maio de 2025 y e 0,25€ que en abril de 2026. Na clasificación U, para ese mesmo rango de peso, a cotización situouse 7,27 €/kg; cunha suba interanual de 0,30 €/kg e un retroceso mensual de 0,26 €/kg.

Por canto as femias cruzadas, non houbo unha tendencia clara. As de máis calidade (E e U) resistiron. Pero as máis pesadas e de categorías inferiores sufriron depreciacións rápidas por exceso de engraxamento.

A ternera R de pesos intermedios acadou un prezo de 7,28 €/kg, e a categoría U chegou a 7,50 €/kg. O MAPA asegura que estas cifras representaron aumentos interanuais de 0,41 €/kg e 0,44 €/kg, respectivamente.

O frisón tendeu a tónica xeral e axustou os prezos para manter un diferencial competitivo que evitara ser sustituido polos cruzamentos de tipo R. Así, o frisón valorizouse en 6,71 €/kg para animais de más de 220 kg. No eido internacional, a carne de vacún amosou unha tendencia á baixa. En meses anteriores rexistrouse un colapso do consumo europeo pola inflación e a entrada en vigor do acordo provisional UE-Mercosur.

Dentro da UE, Francia, Polonia e Alemania lideraron os descensos, cunha industria presionando para ser máis competitiva en prezos. Irlanda e Italia rexistraron retrocesos significativos ante a dificultade de dar saída á carne. Portugal mantivo unha evolución máis moderada malia a contracción da actividade.

Fóra da UE, Estados Unidos chegou a prezos récord pola escaseza histórica de gando. Brasil padeceu tensións comerciais con socios tradicionais. En Portugal, malia a baixa de añojos e xovencas maio reflectiu datos de produción cunha mellora na eficiencia polo aumento do peso medio das canais.

En Estados Unidos, a disponibilidade de gando baixou a mínimos, disparando os prezos e con marxes negativas nas grandes industrias. O goberno estadounidense investiga presuntas manipulacións de prezos.

Brasil, consolidou a estratexia exportadora coa construción dun
megacentro loxístico pero a UE vetou as súas carnes a partir de setembro polo uso de antimicrobianos.

China suspendeu tres matadoiros polo uso de hormonas prohibidas. Eso obrigou a buscar mercados alternativos en Xapón e Corea do Sur.

Exportacións

Xa en marzo as exportacións españolas de ganado bovino en vivo hacia países terceiros tiveron unha actividade case nula.O Servicio de Comercio Exterior Ganadero (Cexgan), certifica que en maio só se exportataron 13 animais. No mesmo periodo de 2025 foron 3.250 cabezas rexistradas, o que supón un descenso interanual do 100%.

As restricións sanitarias derivadas da dermatose nodular contaxiosa (DNC) e a falta de competitividade en prezos do gando español para os mercados internacionais derivaron nun primeiro tremestre de 2026 que sitúa en 13 cabezas exportadas.

Esta diferencia sinala a importancia da contracción do comercio exterior de bovino vivo. En canto a destinos, a práctica ausencia de fluxos comerciais alterou a estrutura habitual dos mercados receptores.

Animais de cebo

O mercado de vacún de cebo derivou nunha fase de corrección gradual. A oferta de animais segue sendo limitada e actúa como principal elemento de soporte. Mentres o mercado da carne acumula semanas de descensos, a reposición nnon chega a corrixir o encarecemento dos meses anteriores.

Afalta de oferta manfestouse no segmento de los mamóns, que amosa firmeza relativa. Os xatos pasteiros reflicten correccións e concentran descensos. Na demanda, os gandeiros amosaron cautela. A debilidade do mercado e a ocupación de cebadeiros pola ralentización das saídas a matadoiro, reduciron entradas.

A produción alcanzou 60.441 toneladas, cun crecimiento interanual do 7,08%. O peso medio das canais cifrouse 303,50 kg, un 2,88% máis que no mesmo mes do ano anterior. No comercio exterior, mantívose un saldo positivo. As exportacións totais de carne (fresca e conxelada) alcanzaron as 19.218 toneladas. As importacións situáronse en 15.015 toneladas.

Ese dato sinala que as exportacións de carne fresca ascenderon a 16.306 toneladas, o que representa un aumento interanual do 14,65%. Unha vez máis, os destinos foron Portugal, Italia e Arxelia. As importacións de carne fresca caeron un 4%, ata as 11.312 toneladas.

No segmento de carne conxelada, as exportacións reducíronse a 2.911 toneladas. Francia, Portugal e Marrocos foron os principais destinos. Pero as importacións de carne conxelada aumentaron a 3.703 toneladas, con Brasil como primeiro país importador nesta categoría.

En comercio exterior de animais vivos mantívose a ausencia de exportacións de bovino a terceiros países. Pero as importacións mostraron unha evolución positiva, cun incremento do 8,03% nas entradas de mamóns e o aumento do 59,86% nas importacións de pasteiros.

En resumo, as cotizacións de vacún de carne rexistraron unha corrección en maio. Pero o prezo da carne para o consumidor segue á alza, como reflicte o IPC de vacún, que aumentou un 0,50% respecto a abril

Pódese consultar o informe completo neste ENLACE 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información