A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Situación da rosquilla do millo nas principais comarcas gandeiras de Galicia

FMC Agricultural Solutions está a realizar un seguimento da praga en campos da Coruña, Lugo e Pontevedra. En leiras de Rois na última semana incrementouse a presenza destes insectos

Situación da rosquilla do millo nas principais comarcas gandeiras de Galicia

Plantas de millo afectadas por rosquilla.

Nesta Campaña 2024, FMC Agricultural Solutions está a levar a cabo o seguimento da praga Agrotis spp., máis comunmente coñecida como rosquilla do millo, nas Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias e Cantabria. “A vixilancia desta praga é fundamental, xa que nos dá unha información moi valiosa para anticiparnos aos posibles danos que ocasiona no cultivo de millo”, valoran desde FMC Agricultura Solutions.

A “rosquilla do millo” son diferentes especies de lepidópteros do xénero Agrotis, principalmente A. segetum; A. ipsilon; A. exclamationis. No seguimento de FMC están a contabilizar todas estas especies nas súas respectivas trampas semanalmente para coñecer a presión de praga no seu conxunto. Teñen previsto realizar o seguimento e dar a coñecer a evolución da presión de praga nas diferentes zonas onde se localizaron as trampas de seguimento ata o mes de xullo.

rosca millo adultos

Trampa de adultos.

A evolución da praga nos últimos 7 días

Na provincia da Coruña as curvas de voo seguen en liña ascendente, incrementándose as capturas na última semana. Destaca notablemente Rois que pasou de 0,33 avelaíñas/trampa-día a semana pasada a 3,43 avelaíñas/trampa-día nesta semana.

Na provincia de Lugo, Sarria e Palas de Rei seguen con niveis elevados de rosquilla. Mentres que Sarria descende un pouco (2,14 avelaíñas/trampa-día) respecto da semana pasada, Palas de Rei segue sen chegar ao pico de voo aumentando capturas ata 2,43 avelaíñas/trampa-día. Na provincia de Lugo, Terra Cha é onde menor presenza de adultos de Agrotis spp. detectaron.

En Pontevedra, en Lalín, mantense o mesmo nivel de capturas que a semana pasada (1,25 avelaíñas/trampa-día).

Por último, en Asturias e Cantabria as capturas son practicamente nulas.

presenza rosca millo Galicia 2

presenza da rosca millo en Galicia 1

Na Guía de Xestión Integrada de Pragas recoméndase a intervención en canto se detectan os primeiros síntomas, unha vez confirmada a presenza de larvas no cultivo, aínda que non se definiron limiares de actuación. Por iso, unha vez detectada a presenza de adultos, a recomendación é valorar a presenza de plantas danadas (3-5%) ou presenza de eirugas (2 rosquillas por cada 100 plantas) como guía de limiar de dano económico.

Control da praga

Para un control óptimo e evitar os danos derivados da rosquilla do millo (perda de planta, perda de vigor, resementeiras), desde FMC Agricultural Solutions recomendan realizar o tratamento con CORAGEN® 20 SC nunha post-emerxencia temperá, xa que ten un excelente control ovicida, ovolarvicida e larvicida, ademais de ofrecer unha protección inmediata do cultivo grazas á súa persistencia de acción. Rynaxypyr® 20% é unha formulación única cun movemento sistémico ascendente e descendente no cultivo de millo.

solucion activa _Rosquilla millo

Apuntan ademais, que esta solución é moi respectuosa coa fauna útil do cultivo, axudando nalgúns casos para manter niveis baixos de ácaros no millo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *