
Simón Blanco, gañador do Concurso de Preparadores de Feiradeza, xunto a Claudia López, que quedou no segundo psoto.
A edición número 40 de Feiradeza empezou hoxe co programa de actividades que seguirán durante toda a fin de semana. Esta tarde celebrouse o XXX Concurso de Novos Preparadores de Gando, organizado polo Clube de Xóvenes Ganadeiros de Galicia. A competición foi xulgada polo xuíz internacional francés Anthony Le Trionnaire.
Simón Blanco, da gandería Queirugueira, de Val do Dubra (A Coruña), foi o vencedora do concurso. Claudia López, da gandería López Fontela, de Aranga (A Coruña), quedou na segunda posición. A terceira posición correspondeu a Iker Garcia, da Gandería O Rubio, de Santa Comba, mentres que o cuarto posto foi para Bruno Bande, da gandería Airavella, de Castroverde (Lugo).
Sábado de concursos en directo
A cita do sábado empezará ás 10:00 horas co concurso das xatas e xovencas para escoller as campioas de Feiradeza e Open Internacional. Este campionato, do mesmo xeito que o de vacas, será xulgado polo xuíz internacional francés Anthony Le Trionnaire. Este certame emitirase en directo a través da canle de YouTube de Campo Galego.
Pola tarde, ás 16:00 horas, terá lugar o concurso de manexo de tractores que conta coa colaboración das empresas TLM, Talleres Jomabe, Maxideza, Blanco y Oro e Hermanos Toimil. Para motivar á participación, nesta edición haberá premio para os tres primeiros de 600 euros.
Ás 19:00 horas comeza o concurso de vacas de leite, que conta con algunhas sorpresas e que tamén se pode seguir en directo pola canle de YouTube de Campo Galego.
Outra das novidades deste edición é que o sábado pola noite tamén se entregarán no Lalín Arena as mencións honoríficas ás mellores ganderías de Lalín, en base aos datos de AFRICOR PONTEVEDRA. Serán distincións ás 3 mellores explotacións de vacún de leite por clasificacion morfolóxica, por produción, así como ás 3 mellores vacas por produción vitalicia, por ICO e tamén ás mellores 3 vacas primerizas de ganderías do concello de Lalín.
A xornada do sábado concluirá cunha festa do agro co grupo Broken Peach, un concerto aberto ao todo o público e que foi posible grazas á colaboración económica de NUDESA, ENOVA Enerxía e ASCOL.
Entrega de premios o domingo
O domingo, ás 11:00 horas, terá lugar o Concurso de Novos Manexadores, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros. Seguido, será a XVI Poxa de gando frisón na que sairán 18 animais de Finca Mouriscade.
Para finalizar o evento será a entrega de premios, os sorteos e o acto de clausura.
Ligazóns do directo
Concurso de xatas e xovencas
Concurso de vacas