Ence impulsa o proxecto SILVO+, unha iniciativa orientada a desenvolver e validar un modelo de silvopastoreo intelixente como ferramenta de prevención activa de incendios e, ao mesmo tempo, como vía para xerar e valorizar servizos ecosistémicos. Conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa de proxectos innovadores con impacto ambiental e tecnolóxicos NEXUS.
O proxecto desenvólvese en consorcio con Tenzas, empresa de consultoría forestal, e Nigal, especializada en dixitalización e análise avanzada de datos, e conta co apoio científico- técnico da Universidade de Santiago de Compostela e de Feuga (Fundación Empresa- Universidade Galega) para impulsar a difusión.
SILVO+ integrará intelixencia artificial para a optimización do pastoreo en función da biomasa, as condicións climáticas e o risco de incendio. Ademais, contempla a validación de tecnoloxías como sistemas GPS, cercados electrónicos e infraestruturas móbiles.
A iniciativa inclúe tamén o desenvolvemento dunha metodoloxía estandarizada para medir e certificar servizos ecosistémicos como carbono, biodiversidade e mellora do chan. Así mesmo, deseñarase unha plataforma dixital que integrará os datos xerados e facilitará o cumprimento de requisitos regulatorios, incluída a CSRD (Corporate Sustainability Reporting Directive).
Con SILVO+, Ence reforza, no marco do seu Plan de Biodiversidade, unha liña de traballo aliñada coa súa estratexia en prevención de incendios e xestión forestal sostible, ao tempo que reforza a identificación, medición e valoración de servizos ecosistémicos.
Galego









Control OJD