Silleda esquiva o efecto da enfermidade nodular e segue con cotizacións á alza

A sesión deste martes saldouse con subas importantes nos becerros carniceiros e mantemento no vacún maior e a recría, onde os xatos cruzados de máis idade seguen nos 1.000 euros e os de raza rubia galega case acadan os 1.500

A Central Agropecuaria de Galicia segue sen notar, polo momento, o efecto freo sobre os prezos como consecuencia dos casos de dermatose nodular contaxiosa detectados en Cataluña. As cotizacións, situadas en niveis de máximos históricos, seguen a escalar posicións tanto nos becerros carniceiros coma no vacún maior e na recría destinada a reposición nos cebadoiros.  

Na recría, caeron os animais de raza frisoa e os de cruzamento industrial de menor idade, mentres que tanto os machos como as femias cruzadas de 21 a 50 días e de máis de 50 días experimentaron unha lixeira suba, que foi moito máis acusada no caso dos animais de raza rubia galega, onde os machos de dous meses sitúanse preto dos 1.500 euros. 

Silleda 14-10-25 recriaUnha semana máis (coa paréntese da semana pasada), continúa a escalada de prezos dos becerros carniceiros, cunha revalorización de case 300 euros nos machos de raza frisoa e de máis de 250 euros nos de cruce industrial, mentres machos e femias de raza rubia galega sufriron un lixeiro descenso, ao contrario da categoría Suprema, que gañou case 90 euros de media. 

Silleda 14-10-25 becerros carniceirosEn canto ao vacún maior, mantén as cotizacións da semana pasada, cunha suba de 25 euros nas vacas de categoría Extra e unha baixada semellante nas de categoría Primeira e Segunda. 

Silleda 14-10-25 vacun maiorNo relativo ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, continúa o descenso en picado do porcino, que afecta tanto ao cebado coma aos leitóns, mentres que os ovos continúan a súa alza imparable, con subas de 7-8 céntimos a ducia, pagándose os de calibre XL por enriba dos 3,5 euros e os de categoría L por enriba dos 3 euros.  

Silleda 14-10-25 mesa de prezosPódese descargar o pdf coas cotizacións completas neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información