A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca arranca o ano con subas nos prezos medios da recría frisoa, mentres que os becerros de cruces industriais experimentaron unha baixada xeral. Nos becerros carniceiros aprécianse subas dos prezos medios dos becerros de cruces industriais con respecto das últimas cotizacións do ano. O vacún maior cotiza á alza con incrementos en tódalas categorías, agás nas vacas de segunda. Nas mesas de cotización do porcino acordaron unha nova suba para os leitóns, mentres o porco cebado se mantén sen cambios. Tampouco houbo variacións no mercado do ovo ou no prezo do coello na Lonxa de Madrid.
Na primeira lonxa do ano celebrada este martes no mercado de Silleda (Pontevedra) aprécianse subas en boa parte das categorías da recría frisoa. Na comparación dos prezos, que serve como referencia para o sector, tamén cómpre ter presentes outros factores como a distinta calidade media que poden ter os animais nas diferentes sesións (canais, quilos, etc.).
Na recría frisoa os animais máis novos cotizáronse a un prezo medio de 93 euros, o que supón un incremento de 24 euros con respecto do prezo de referencia da semana pasada. Nos animais de entre 20 e 50 días, o prezo medio foi de 113 euros, o que deixa unha suba de 22 euros. Os tenreiros de máis de 50 días foron a excepción ó rexistrar unha baixada de 20 euros e situarse nos 118 euros.
Nos becerros de cruzamentos industriais a tendencia foi á baixa. Os animais máis novos experimentaron unha redución de 39 euros no prezo medio. Nas femias a diferencia co valor medio acadado na última feira foi de 9 euros, e quedan nos 206 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días o prezo medio foi de 277 euros, o que deixa unha baixada de 33 euros en comparación co valor da semana pasada. Os tenreiros de máis de 50 días foron a excepción, ó experimentar as cotizacións unha suba con respecto dos valores de referencia da feira anterior. Nesta ocasión, o prezo medio quedou nos 370 euros, 63 euros máis. Pola contra, nas femias non houbo cambios e cotízanse a 276 euros.
En canto ós becerros carniceiros, os animais de cruzamentos industriais experimentaron un incremento do prezo medio con respecto do valor de referencia da semana pasada. Nesta categoría, os machos cotizáronse a 884 euros, o que supón un incremento de 13 euros. Nas femias a diferencia foi de 90 euros, ó acadar os 820 euros de prezo medio. Mentres, nos becerros de Rubia Galega os machos cotizáronse a un prezo medio de 922 euros, o que supón 63 euros por debaixo da última lonxa. Nas femias desta sección o valor medio foi de 872 euros, que representa un incremento de 12 euros. Os dous becerros frisóns que se venderon fixaron un prezo medio de 362 euros, lonxe dos 686 euros que se fixaran na pasada lonxa. Tamén as dúas femias adxudicadas tiveron un prezo inferior ó último de referencia, ó situarse nos 395 euros, mentres a semana anterior a única femia vendida acadara os 421 euros. Nos animais co selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega Suprema o prezo medio foi de 944 euros, o que supón un incremento de 126 euros.
O vacún maior cotizou á alza. As vacas da categoría extra experimentaron unha suba 186 euros con respecto do prezo medio da anterior feira e cotízanse a 2.070 euros. As vacas de primeira tiveron un prezo medio de 1.141 euros, o que deixa unha suba de 23 euros. Tamén foron 23 euros a diferenza entre o prezo medio das vacas de segunda desta feira con respecto da pasada, porén neste caso descontaron esta cantidade e cotízanse a 713 euros. O gando de descarte experimentou unha suba de 104 euros e teñen un prezo de 509 euros. O único animal adxudicado co selo Vaca e Boi de Galicia fíxoo por 2.269 euros.
Subas nos leitóns
Esta semana as mesas de prezos do porcino acordaron de novo manter as cotizacións para o porco cebado, mentres que os leitóns experimentaron unha suba de 2 euros en tódalas categorías. Así, o porco selecto e o normal continúan a cotizarse a 1,025 e 1 euro o quilo, respectivamente. Os exemplares de Canal II sitúanse en 1,299 euros o quilo e os animais de desvelle cotízanse entre os 0,28 e os 0,34 euros.
Nos leitóns, os exemplares procedentes dunha única granxa acadan os 40 euros (cun prezo de 2 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías cotízanse a 35 euros e teñen un prezo por quilo de 1,75 euros.
O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana. Os ovos da categoría XL están a 1,69 euros a ducia, os ovos da L teñen un prezo de 1,38 euros, os da M están 1,20 euros e os da S páganse a 0,99 euros a ducia. As galiñas de desvelle están a cotizarse entre os 0,23 e os 0,30 euros por quilo.
O coello mantense a 1,9 euros o quilo na Lonxa de Madrid.