Os prezos do vacún na Lonxa de Silleda caracterizáronse pola tendencia á suba nos prezos dos becerros de recría, sobre todo nos de raza Frisona. Nas vacas de desvelle a tendencia xeral tamén foi á alza.
En concreto, nos becerros de recría de raza frisona os prezos medios foron de 133 euros para os de menos de 20 días; 143 para os de 21 a 50 días e 149 € para os de máis de 51. Na semana pasada os prezos foron de 113 , 136 e 144 € respectivamente.
Nos de cruce industrial, baixaron os de máis de 51 días: 420 € de media fronte aos 493 da pasada semana. Nas outras franxas de idade as cotizacións foron de 318 para os de menos de 20 días e de 341 € para os de 21 a 50 días euros; cunha suba respecto aos 304 e aos 333 da semana anterior.
Nos becerros carniceiros a alza dos prezos tamén foi clara nos de Frisona e nos de Rubia Galega: 517 € para os de raza Frisona e 1009 euros para os de Rubia Galega. Pola contra, os machos de cruce industrial baixaron, mentres que as femias experimentaron unha suba.
Por último, no vacún maior, o sector de máis importancia económica da Lonxa de Silleda, os prezos mantivéronse con lixeiras oscilacións á baixa nas categorías Primeira e na de Desfeito, mentres que nas outras subiron.
As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:
Sen cambios en ovos, coellos e galiñas de desvelle
Nas mesas de prezos as cotizacións medias dos ovos non experimentaron cambios. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,08 € a ducia para a categoría L; 0,96 para a M, e 0,81 € a ducia para os de clase S. En canto ás galiñas de desvelle,mantivéronse sen cambios.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios con respecto á semana pasada, nos 1,50 €/kilo.
Sobe o porco cebado e baixan os leitóns
En porcino, a mesa de prezos acorou unha suba do 0,02% para selecto e categoría normal, e do 0,026% para categoría de canle II.
Nos principais mercados europeos os prezos tamén se recuperaron con subas similares.
En canto aos leitóns, baixaron un 1%, quedando os prezos nos 40 € para os procedentes dunha única explotación e en 35 € para os procedentes de varias.
As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:
Suspensión dalgúns mercados en xuño
Por motivo de utilización das naves coa Feira Semana Verde de Galicia.
suspéndense os seguintes mercados:
Martes 9 de xuño (Tódalas subastas)
Martes 16 de xuño (Só se realizará a subasta de recría)