Sesión desigual para a recría en Silleda e prezos récord para as vacas

Os xatos frisóns subiron entre 20 e 40 euros, mentres que a maior presenza de animais fixo que os cruzados perderan entre 35 e 70 euros

Nave de vacún maior este martes en Silleda

Nave de vacún maior este martes en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia celebrou este martes a súa sesión semanal en Silleda marcada polos altos prezos do vacún maior e a grande afluenza de animais de recría, despois de que a semana pasada non houbera poxa nesta categoría por coincidir as entregas nos cebadoiros de destino coa Semana Santa.

A respecto da última sesión co mercado con recría, celebrada o pasado 24 de marzo, a maior presenza de animais deixouse notar cun comportamento desigual nas cotizacións, pois mentras os animais de raza frisoa subiron de prezo entre 20 e 40 euros, os de cruzamento industrial perderon entre 35 e 70 euros, sendo o descenso máis acusado nos machos de máis de 50 días.   

Silleda 4-4-26 recria

No que respecta aos xatos pasteiros, houbo unha corrección á baixa nos cruzados, que perderon 25 euros con respecto á semana pasada, e unha forte caída nos de raza rubia galega, que perderon máis de 250 euros en animal nos machos e 80 nas femias, sempre falando de prezos medios.

Silleda 4-4-26 pasteirosPara os becerros carniceiros, tamén foi unha sesión desigual, pois mentres os xatos frisóns caeron fortemente (300 euros tanto os machos coma as femias), e os de cruzamento industrial tamen perderon valor (60 euros nos machos e 70 euros nas femias), os de raza rubia galega mantiveron os prezos, cunha lixeira revalorización de 20 euros nos machos e unha baixada e 45€ nas femias.

Silleda 4-4-26 becerros carniceirosPor segunda semana consecutiva a Central Agropecuaria de Galicia rexistrou na sesión deste martes o maior prezo medio deste mercado na categoría de vacún maior, con 2.567,79€ (a semana pasada esta marca situárase nos 2.537,53€). A meirande parte das vacas foron cualificadas dentro da categoría Extra e pagáronse de media a case 2.680 euros, 55 euros máis que a semana pasada, mentres que a categoría Primeira acadou os 1.150 euros, 40 euros por baixo da semana anterior.

Silleda 4-4-26 vacun maiorEn canto ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, a sesión deste martes en Silleda transcorreu sen cambios nin no porcino, nin nos ovos, galiñas e coellos. O porcino cebado cotiza entre 1,29 e 1,64 euros quilo vivo, logo dunha lixeira recuperación nas últimas semanas. En canto aos bacoriños, páganse a 70 euros a unidade cando son de procedencia única e a 65 cando veñen de varias granxas de orixe. 

Silleda 4-4-26 mesas de prezosDescarga as cotizacións completas da sesión desta semana neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información