Sergude acolle unha xornada técnica sobre artesanía alimentaria e sector lácteo

A acción formativa levarase a cabo no Centro de Formación o martes 28 e o programa inclúe abordar as oportunidades de negocio no sector do leite

Sergude acolle unha xornada técnica sobre artesanía alimentaria e sector lácteo

O Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Sergude, en Boqueixón (A Coruña), dependente da Consellería do Medio Rural, acollerá o vindeiro martes 28 de outubro a xornada técnica A Artesanía alimentaria como modelo de sostenibilidade económica das pequenas explotacións lácteas.

O programa da xornada centrarase en diversos aspectos relacionados co sector, as oportunidades de negocio, a titorización das persoas recentemente incorporadas á actividade agraria e o asesoramento ás explotacións desde a administración pública ou o modelo austríaco de produción leiteira e o seu enfoque cara ás pequenas granxas.

Como relatores, intervirán representantes da Consellería do Medio Rural e técnicos especialistas na materia, entre eles un representante da rexión da Baixa Austria. Ademais dos relatorios, haberá mesas redondas nas que participarán, entre outros, pequenos produtores galegos de leite, queixos ou iogures e visitarase unha industria próxima ao centro de Sergude.

Esta iniciativa formativa, organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pretende salientar o sector leiteiro galego e a importancia do indicativo de calidade diferenciada artesanía alimentaria como factor que proporciona valor engadido ás producións do agro. Así, as persoas interesadas en asistir deben inscribirse na ligazón da Xunta co código TT2025F115014. Para máis información, pódese contactar no teléfono 981 54 67 90.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información