Seragro lanza un vídeo conmemorativo das súas “Xornadas Técnicas de Vacún de Leite”

A cooperativa galega SERAGRO acaba de publicar un vídeo conmemorativo das súas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite,  que terían que celebrarse por estas datas na aula Magna da Facultade de Veterinaria de Lugo e que este ano tiveron que posporse sine die debido á pandemia da Covid 19.

Estas xornadas, cita ineludible desde o 2001 para centos de gandeiros de vacún de leite e técnicos, chegarían este ano á súa edición número 18.

“Como xa vos comunicamos no seu día, este ano non puido ser celebrar a maioría de idade de nosas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, pero non por iso queremos esquecer este día sinalado. Con este pequeno vídeo conmemorativo queremos agradecer a todos vós o chegar até aquí e pór no punto de mira na celebración das próximas”, asegura Zoilo Formoso Cancela, responsable de administración de Seragro S. Coop. Galega. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información