A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

‘Septum’, unha alternativa eficaz para reducir o uso de cobre no control de mildio en viña

‘Septum’, unha alternativa eficaz para reducir o uso de cobre no control de mildio en viña

A redución no uso do cobre como funxicida na vide converteuse nun dos grandes desafíos para os viticultores europeos. O endurecemento da lexislación comunitaria e, especialmente, os efectos adversos derivados da acumulación deste metal pesado no solo, obrigan a buscar alternativas ao seu uso para combater enfermidades como o mildio, especialmente na agricultura ecolóxica.

Un ensaio realizado por Seipasa en Italia, un dos países europeos con maiores niveis de contaminación por cobre, revela a eficacia do produto ‘Septum’ para o control de mildiu da vide, cunha redución moi notable na cantidade de cobre utilizado dentro da estratexia para facer fronte á enfermidade.

A pesar de que o seu uso se remonta ao século XIX, o uso do cobre está en dúbida pola súa toxicidade para os microorganismos e os seus efectos negativos sobre a bioloxía do solo. Hai apenas dous anos, a UE marcou o camiño coa aprobación dunha prórroga que autorizaba o uso de cobre para o tratamento de mildiu en viticultura ecolóxica atá o ano 2026. A cambio, impuxo un novo límite anual de 4 quilos por hectárea, non podendo exceder os 28 quilos de cobre metal aplicados nun período de sete anos.

Cobre para mildio en viña

A Comisión Europea incluíu o o cobre como unha das sustancias candidatas a ser substituídas e o endurecemento da regulamentación foi acompañado da limitación na renovación de varios produtos formulados a base de cobre. O problema é que as novas marxes impostas para o cobre por parte de Bruxelas poden ser insuficientes en anos de especial incidencia do mildio, o que obriga a buscar alternativas que permitan controlar a enfermidade de maneira eficaz e optimizar os tratamentos fitosanitarios sen interferir nas calidades organolépticas da uva.

Unha desas alternativas é Septum, unha solución natural con acción funxicida desenvolvida por Seipasa a partir do extracto de Equisetum arvense e cunha alta eficacia para o control do mildio da vide. Así o demostran os resultados do ensaio realizado pola compañía na rexión de Emilia-Romagna sobre un cultivo da variedade de uva branca Trebbiano romagnolo.

O ensaio pon fronte a fronte 3 estratexias de tratamento do mildio en viña. A primeira é unha estratexia convencional utilizada habitualmente na zona, na que se inclúen sustancias activas como Mancozeb, Dimetomorf, M-metalaxil, Cimoxanil e Cobre. Algunhas destas sustancias son candidatas á substitución, mentres que outras xa deixaron de estar autorizadas pola Comisión Europea, como sucede no caso de Mancozeb, que seguía en vigor no momento de realizarse o ensaio.

O marco do ensaio compara a estratexia convencional con dúas estratexias mixtas desenvolvidas por Seipasa. Na primeira incluíronse 3 aplicacións de Septum, mentres que na segunda incorporáronse 5 aplicacións (ver táboa 1). Estas aplicacións están intercaladas na estratexia convencional ou ben substitúen algunhas das aplicacións das sustancias activas mencionadas anteriormente.

Septum: Control da enfermidade

Tal como revelan os resultados do gráfico 1, as estratexias mixtas co produto Septum, con 3 e 5 aplicacións, igualan ou mesmo melloran o % de eficacia contra mildio en viña da estratexia convencional. Os efectos de control, tanto en follas como en acio, son similares, o que demostra a elevada capacidade de Septum para integrarse en programas de protección integrada con resultados moi positivos en canto ás eficacias obtidas.

Hojas y racimos NO afectados por mildiu

Gráfico 1: % de follas e acios non afectados por mildio.

Redución de materias activas

Ademais da eficacia para controlar a enfermidade, os resultados arroxan unha considerable diminución total da cantidade do ingrediente activo (g/ha) de síntese química aplicado:

  • Redución do 35% na estratexia mixta con 3 aplicacións de Septum.
  • Redución do 41% na estratexia mixta con 5 aplicacións de Septum.
  • Así mesmo, obtívose unha diminución da cantidade de cobre (g/ha) do 21% (estratexia mixta con 3 aplicacións de Septum) e do 79% (estratexia mixta con 5 aplicacións de Septum), respectivamente.

Para Jordi Asamar, do departamento técnico de Seipasa, os resultados do ensaio son tremendamente positivos porque demostran a existencia dunha alternativa real ao uso do cobre para o control de mildio en viñedo.

“Logramos reducir o uso de cobre e de produtos químicos sen perder eficacia no control do mildio” (Jordi Asamar, Seipasa)

“O ensaio demostra a elevada eficacia de Septum para mellorar a sanidade do viñedo fronte a un dos maiores quebracabezas dos viticultores. A estratexia confirma a redución da carga química e do uso de cobre dos tratamentos sen perder eficacia no control da enfermidade. Pon en valor a posibilidade real de facer fronte á enfermidade con garantías e cunha clara alternancia de materias activas que permiten reducir as doses dos tratamentos fitosanitarios“, apunta Asamar.

Neste sentido, a táboa 1 mostra o detalle da rotación de materias activas nas estratexias empregadas no ensaio. Nela pódese apreciar a forma en que as aplicacións de Septum substituíron tanto aos tratamentos a base de cobre como aos tratamentos con sustancias activas de síntese química.

Táboa 1.- Detalle das estratexias empregadas no ensaio: convencional, mixta (3 aplicacións de Septum) e mixta (5 aplicacións de Septum).

Táboa 1.- Detalle das estratexias empregadas no ensaio: convencional, mixta (3 aplicacións de Septum) e mixta (5 aplicacións de Septum).

Ademais da eficacia no control da enfermidade, os resultados do ensaio tamén demostran que a aplicación de Septum non afecta ás calidades organolépticos da uva (ver gráfico 2).

Parámetros cualitativos de la uva

Gráfico 2.- Parámetros cualitativos da uva.

Septum é unha solución natural con acción funxicida desenvolvida a partir dunha potente combinación de diferentes moléculas activas (fenoles, saponinas, flavonoides e ácido silícico) procedentes de extracto de Equisetum arvense que, illadas e na proporción equilibrada, aseguran a máis alta eficacia do produto.

Septum é un produto eficaz desde as primeiras etapas do cultivo, xa que exerce un efecto preventivo e curativo. Provoca a ruptura e deshidratación dos tecidos fúnxicos e interrompe a esporulación do fungo.

Seipasa desenvolveu un amplo coñecemento interno do produto grazas a un proxecto de investigación co CBGP da Universidade Politécnica de Madrid que permitiu trazar un completo mapa descritivo coa identificación das máis de 90 moléculas botánicas que o compoñen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *