A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Seppi presentará en Galiforest dúas potentes trituradores de pedras e forestal

Seppi presentará en Galiforest dúas potentes trituradores de pedras e forestal

Trituradora SEPPI STARFORST, que se presentará en Galiforest, con demostración incluída

Seppi  presentará en Galiforest dúas das trituradores máis avanzadas do mercado tanto para uso forestal como para triturar pedras. Os asistentes poderán visitar o stand de Seppi e asistir ás demostracións en directo con estas dúas máquinas que se realizarán o tres días que dura a feira.

As máquinas que se presentarán serán a Starforst, unha potente trituradora forestal de altas prestacións, para tractores con entre 180-260 CV. Permite limpar completamente os bosques despois da recolección da madeira e tritura madeira ata 40 cm de grosor.

A outra trituradora de Seppi que se poderá ver funcionar en directo en Galiforest é a STARSOIL para pedra e madeira. Trátase dunha máquina moi versátil, adecuado para tractores de potencias entre 150 e 260 cv. Está equipada cun novo sistema de tracción que simplifica o traballo, asegurando unha maior eficiencia: fresado do solo ata unha profundidade de 40 cm, moenda de pedra con de ata 30 cm e madeira con ata 40 cm de grosor.

Galiforest celebrarase do 28 ao 30 de xuño no monte e nas instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

Trituradora SEPPI STARSOIL, que se presentará en Galiforest, con demostración incluída

Trituradora SEPPI STARSOIL, que se presentará en Galiforest, con demostración incluída

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *