Sen variacións nos prezos do mercado de Amio

Sen variacións nos prezos do mercado de Amio

O Mercado de Gando de Amio (Santiago) rexistrou este mércores unha xornada sen variacións nas cotizacións do gando con respecto á semana pasada. As mesas de negociacións dos prezos tanto da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega como do Gando de Abasto acordaron manter os mesmos prezos para tódalas categorías e calidades.

En canto á asistencia de gando, rexistrouse unha afluencia de 2.046 reses, 2 máis que as contabilizadas o pasado mércores día 19. Houbo 1.696 cabezas de vacún menor (52 máis que na sesión anterior), 172 de vacún mediano (18 menos) e 160 de vacún grande (43 menos que na feira pasada).

Máis información

– Táboa completa das cotizacións de Amio (26-II-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información