
A absoluta estabilidade caracterizou a xornada deste mércores nos prezos do gando no mercado de Amio. E é que os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiron por maioría manter as cotizacións acadadas na sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.
Unha estabilidade que se fixo extensiva a todo o gando que concorreu nesta xornada ao recinto feiral e que tampouco sufriu cambios nos prezos.
A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 1.756 reses, 283 máis que á do pasado 9 de abril. Houbo 1.547 cabezas de vacún menor (287 máis que na sesión anterior); 48 de vacún mediano (nove máis que na sesión anterior) e 161 de vacún grande (cinco reses máis que na sesión anterior).
– Ver táboa completa de cotizacións.
Galego









Control OJD