Sen variacións nas cotizacións do mercado de Amio respecto da última sesión

FOTOS AMIO-34

Na sesión deste 25 de febreiro no Mercado Nacional de Gando de Amio, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiu por unanimidade manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.

Dese xeito, cúmprese un mes sen que Ternera Gallega recolla ningunha variación nas cotizacións dos animais adscritos á IXP, se ben cómpre lembrar que na semana pasada tan só acudiron 106 reses ao mercado por mor das festas do Entroido, polo que os datos do día 18 non son significativos.

A estabilidade nos prezos, sen alzas nin baixadas, estendeuse tamén ao resto de categorías presentes no mercado nesta última sesión. Así, non houbo variacións nin no vacún de recría, nin no mediano e maior de matadoiro.

En canto á asistencia de gando á sesión deste mércores, foi de 1.909 reses, 474 máis que á do pasado 11 de febreiro. En total houbo 1.771 cabezas de vacún menor (471 máis que na sesión anterior); 47 de vacún mediano (cinco máis que na sesión anterior) e 93 de vacún grande (dúas reses menos que na sesión do 11 de febreiro).

Pódense consultar as cotizacións completas no seguinte documento:

COTIZACIONS 25.02.2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información