Sen cambios nos prezos no Mercado de Amio nin en Ternera Gallega

Sen cambios nos prezos no Mercado de Amio nin en Ternera Gallega

Animais no recinto feiral de Amio. // Foto de arquivo.

O Mercado de gando de Amio mantivo este mércores os prezos sen cambios tanto para o vacún menor, como para o mediano e o maior de abasto.

As mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron tamén manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando.

En canto á asistencia houbo 1.777 reses, o que supón 681 menos que a sesión pasada. Como apuntan dende o Mercado, esta redución da afluencia de gando débese á recuperación das cifras anteriores ó Nadal, cando se produciu un desaxuste da presenza de animais debido ás festividades.

En concreto contabilizáronse 1.493 cabezas de vacún menor, 741 menos que na sesión anterior. Houbo 102 de vacún mediano (29 máis) e 182 de vacún grande (31 reses máis).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (11-I-2023).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información