Sen cambios nos prezos mensuais do leite

Os prezos dos produtos lácteos industriais remontan a nivel internacional

vacas producion

A estabilidade contractual que manteñen a maioría das industrias lácteas en España depara escasos cambios do prezo do leite mes a mes. Cos datos do último mes publicado polo Fega, abril, as variacións son case nulas. En España, a media pasa de 33,3 a 33,2, en tanto en Galicia de 32,3 a 32,4. Se se compara o prezo galego co de comunidades veciñas, Castilla y León está en 33,2 e Asturias en 35,1 céntimos.

En calidades, como é habitual, sobresae o leite galego no conxunto do Estado, cun 3,82 de graxa e un 3,30 de proteína, fronte á media española de 3,70 e 3,29.

En volumes, as entregas seguen este ano un ritmo crecente en comparación co pasado ano. En abril, as entregas foron un 2,5% superiores ás do mesmo periodo do ano anterior.

Prezo dos produtos lácteos industriais
A tendencia de mercado a nivel europeo está a experimentar melloras, segundo se desprenden dos datos publicados polo Observatorio do Mercado Lácteo. Nas últimas catro semanas, o leite en po desnatado encareceuse un 3,5% e xa supera a barreira dos 200 euros /100 Kg, en tanto que a manteiga subiu un 2,4% e achégase ós 300 euros / 100 Kg.

Por outra banda, en Italia o prezo do leite spot (cisternas de leite) aumentou un 20% nas últimas catro semanas, o que apunta a unha importante recuperación do mercado tralos problemas atravesados na época máis dura do coronavirus.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información