Ao igual que a pasada semana, o Mercado de gando de Amio mantivo este mércores os prezos sen cambios tanto para o vacún menor, como para o mediano e o maior de abasto, aínda que neste último apréciase unha tendencia á baixa nos prezos das calidades medias.
As mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron tamén manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando.
En canto á asistencia houbo 1.740 reses, o que supón 77 menos que a sesión pasada.
En concreto contabilizáronse 1.469 cabezas de vacún menor, 10 menos que na sesión anterior. Houbo 82 de vacún mediano (10 menos) e 179 de vacún grande (4 reses menos).
Máis información:
–Táboa de cotizacións de Amio (18-I-2023).