Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Naves do Mercado de gando de Amio.// Foto de arquivo.

Os prezos do gando mantivéronse sen cambios con respecto dos manexados hai unha semana no Mercado de Amio (Santiago), segundo apuntaron as persoas asistentes á feira na sondaxe realizada esta mañá.

A Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega tamén acordou manter as cotizacións para tódalas categorías e calidades deste selo.

Nesta feira contabilizáronse 1.793 reses, o que supón 158 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.489 cabezas de vacún menor (151 menos que na sesión anterior), 136 de vacún mediano (6 máis) e 168 exemplares de vacún grande (13 animais menos).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (10-VIII-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información