Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Animais no recinto feiral de Amio. // Foto de arquivo.

A sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) transcorreu sen cambios nas cotizacións con respecto da semana pasada. A Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega acordou manter as cotizacións para tódalas categorías e calidades deste selo.

Tampouco houbo modificacións nos prezos do gando de recría e abasto, segundo a sondaxe realizada entre os usuarios do mercado.

Nesta feira contabilizáronse 1.701 reses, o que supón 49 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.445 cabezas de vacún menor (65 máis que na sesión anterior), 104 de vacún mediano (79 menos) e 152 exemplares de vacún grande (35 reses menos).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (29-VI-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información