Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Mercado de Amio, en Santiago. // Foto de arquivo.

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que se reúnen no Mercado de Amio, en Santiago, acordaron manter os prezos da semana pasada para tódalas categorías e calidades.

Tampouco houbo cambios no gando de abasto, tanto na recría como no vacún mediano e maior. Ademais, esta semana o vacún mediano de matadoiro comercializouse a ritmo lento, segundo a sondaxe realizada entre os usuarios do mercado.

En canto á asistencia de gando no Mercado de Amio, contabilizáronse 1.943 reses, o que supón 80 animais máis que na última feira. Houbo 1.504 cabezas de vacún menor (71 máis que na sesión anterior), 215 de vacún mediano (30 máis) e 215 de vacún grande (29 reses menos que a semana pasada).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (17-XI-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información