Sen cambios nos prezos do gando en Amio e en Ternera Gallega

Na sesión deste 4 de marzo no Mercado Nacional de Gando de Amio, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiu por unanimidade manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.

Dese xeito, cúmprese un mes e unha semana sen que Ternera Gallega recolla ningunha variación nas cotizacións dos animais adscritos á IXP.

A estabilidade nos prezos, sen alzas nin baixadas, estendeuse tamén ao resto de categorías presentes no mercado nesta última sesión. Así, non houbo variacións nin no vacún de recría, nin no mediano e maior de matadoiro.

En canto á asistencia de gando á sesión deste mércores, foi de 1.150 reses, 759 menos que á do pasado 25 de febreiro, debido á maior afluencia rexistrada a pasada semana tralo parón provocado polas festas do Entroido. En total houbo 1.037 cabezas de vacún menor (734 menos que na sesión anterior); 24 de vacún mediano (23 menos que na sesión anterior) e 89 de vacún grande (dúas reses menos que na sesión do pasado mércores).

Captura de pantalla 2026-03-04 122727 Captura de pantalla 2026-03-04 122636 Captura de pantalla 2026-03-04 122659 Captura de pantalla 2026-03-04 122715

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información