As mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios esta semana as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando.
No Mercado de gando de Amio, que se celebrou esta mañá, tampouco houbo modificacións dos prezos con respecto da semana pasada en tódalas categorías e razas, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira.
En canto á asistencia houbo 1.557 reses, o que supón 65 menos que a sesión pasada. En concreto contabilizáronse 1.303 cabezas de vacún menor, 59 menos que na sesión anterior. Houbo 106 de vacún mediano (6 máis) e 148 de vacún grande (12 reses menos).
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (15-II- 2023).