Sen cambios nos prezos de Amio

Sen cambios nos prezos de Amio

Mercado de Amio. / Arquivo.

As mesas de prezos de Amio acordaron hoxe manter as cotizacións de referencia da pasada semana. Así, non houbo cambios en Ternera Gallega, pois os vogais da Mesa da IXP decidiron repetir valores tanto en Suprema como en Ternera Gallega, se ben nesta última, os prezos seguen tendendo á baixa, ó entender dalgúns vogais.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, houbo unanimidade para repetir cotizacións, tanto en recría como en vacún mediano de sacrificio e en vacún maior, categoría esta última na que se advirte unha lixeira tendencia á alza.

En canto ó mercado de gando, a asistencia hoxe foi de 1.875 reses, 200 menos que a pasada semana. Houbo 1.463 cabezas de vacún menor (283 menos), 181 de vacún mediano (14 máis) e 225 de vacún grande (68 máis).

Máis información
Táboa de prezos de Amio (2-IX-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información