Sen cambios no porcino na última sesión do ano en Silleda

Sen cambios no porcino na última sesión do ano en Silleda

As mesas de porcino da Central Agropecuaria de Galicia –Abanca acordaron este martes, na última sesión do ano, manter sen cambios os prezos do porco cebado e dos leitóns. Tampouco houbo variacións no mercado do ovo. A actividade na Central viuse esta semana reducida ó mínimo, logo de que se suspendesen as poxas de gando vacún por mor das celebracións de Nadal. O vindeiro martes, día 5 de xaneiro, recuperarase a asistencia de gando vacún.

Facemos un repaso polos prezos establecidos nas mesas de porcino. Nos porcos cebados, os animais selectos cotízanse a 1,125 euros o quilo, mentres que o normal está a 1,1 euros o quilo. Nos exemplares de Canal II o prezo sitúase en 1,429 euros e os de desvelle están entre os 0,44 e os 0,5 euros euros o quilo.

Nos leitóns, os animais procedentes dunha única gandería están a 49 euros, cun prezo de 2,45 euros por quilo. Os bacoriños chegados de distintas granxas cotízanse a 2,2 euros o quilo e o animal de 20 quilos ten un valor de 44 euros.

Tampouco houbo cambios no mercado do ovo esta semana. Os ovos da clase XL cotízanse a 1,50 euros a ducia, os da L están a 1,10 euros, os da M sitúanse en 0,96 euros e os da clase S quedan nos 0,78 euros. As galiñas de desvelle semipesadas, de entre os 2,1 e 2,2 quilos, atópanse entre os 0,08 e os 0,15 euros por quilo.

O prezo do coello na Lonxa de Madrid mantívose esta semana en 1,80 euros o quilo.

 

Central-Agropecuaria-29_12_2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información