Os prezos mantivéronse este mércores sen cambios no Mercado de Gando de Amio (Santiago), segundo a sondaxe realizada entre os usuarios.
Tamén se manteñen os prezos de Ternera Gallega para tódalas calidades e categorías.
En canto á asistencia, contabilizáronse 1.614 reses, o que supón 188 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.338 cabezas de vacún menor (134 menos que na sesión anterior), 102 de vacún mediano (55 menos) e 174 exemplares de vacún grande (1 res máis).
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (27-VII-2022).