Na sesión deste mércores, 18 de marzo, no Mercado Nacional de Gando de Amio, a organización da feira sinala que se manteñen os prezos para o gando de recría e de abasto, despois da suba aplicada a semana pasada.
Por canto a Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida tamén decidiu por unanimidade manter os prezos por sexta semana consecutiva.
Nesta sesión do 18 de marzo, a asistencia total de gando ao recinto feiral compostelán foi de 1.185 reses, 134 menos que á do pasado 11 de marzo. Por categorías, houbo 1.088 cabezas de vacún menor (87 menos que na sesión anterior); 14 de vacún mediano (24 menos que na sesión anterior) e 83 de vacún grande (23 reses menos).

Galego









Control OJD