Sen cambios nas cotizacións de Ternera Gallega en Amio

A Suprema segue pagándose por enriba dos 8 euros kg/canal, cuns 40 céntimos de diferenza a respecto da carne de cebadoiro

cotizacions Ternera Gallega Amio 21-1-26A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.

En canto ao gando que concorreu este mércores ao recinto feiral de Amio, en Santiago de Compostela, tamén se manteñen os prezos da sesión anterior para as distintas clases e categorías de vacún, se ben segue apreciándose unha tendencia á baixa nos da recría das razas Frisona e Cruces Industrial Cor.

Apréciase unha tendenza á baixa na recría

A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 1.341 reses, 280 menos que á do pasado 14 de xaneiro. Houbo 1.158 cabezas de vacún menor (274 menos que na sesión anterior); 51 de vacún mediano (cinco menos que na sesión anterior) e 132 de vacún grande (unha res menos que na sesión anterior).

Descarga as cotizacións completas desta sesión en Amio no seguinte enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información