A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega na súa reunión virtual de onte 11 de novembro decidiu manter sen cambios as cotizacións.
Esta semana, do mesmo xeito que a anterior, non se puido celebrar o mercado de gando presencial habitual no recinto feiral de Amio, por mor da corentena por dermatite nodular contaxiosa, en virtude da Resolución da Consellería do Medio Rural do día 24 de outubro.
En cumprimento de dita resolución, o mercado presencial suspéndese como mínimo ata o próximo 19 de novembro, día en que se espera poder renovar a actividade con normalidade.

Galego









Control OJD