Sen cambios na feira de Amio, á espera da regularización do mercado

O mercado de Amio rexistrou hoxe unha asistencia inusual, cun total de 2.733 reses, 1.723 máis que a pasada semana, cando se rexistrou unha baixa afluencia derivada das festas do Nadal. O incremento plasmouse principalmente nos becerros de recría, dos que houbo 2.362 na feira (1.687 máis que a pasada semana). En vacún mediano houbo 195 cabezas (10 máis) e en vacún grande 171 (33 máis).

En canto ás cotizacións, non houbo cambios esta semana nas Mesas de Prezos, nin en Ternera Gallega nin na Mesa de Gando de Abasto. Os vogais desta última mesa apuntaron que o carácter atípico do mercado de hoxe, cunha gran afluencia, impide tirar conclusións fiables dos prezos.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (9-I-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información