A Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina (Anembe) organiza o 23 e 24 de xaneiro en Corvera (Asturias) dous seminarios sobre ciruxía bovina e robot de muxido.
O programa inclúe un seminario sobre técnicas novidosas en ciruxía bovina, que será impartido por Jesús Izquierdo, Carlos Franco e Joaquín Ranz e tratará aspectos como infiltración do nervio ciático, manipulación cirúrxica de ovarios, ruminotomía auxiliar e reticulitis.
O seminario sobre muxido robotizado centrarase nos puntos clave a ter en conta para mellorar a eficiencia e a saúde de ubre no muxido robotizado, aspectos relativos ás mamites ambientais, o manexo da nutrición en robot de muxido ou o impacto das instalacións na saúde das vacas. As ponencias serán impartidas por técnicos independentes como Ángel Ávila, Juan Echeverría, Gema Moyano ou Alberto Jurado.
Para asistir é necesario inscribirse enviando un email a anembe@anembe.com. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.