Seminario sobre mellora xenética nas ganderías de vacún de leite

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) acollerá o 19 de novembro unha nova edición do seminario práctico sobre “Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética”.

O seminario será impartido por Ramiro Fouz Dopacio, profesor na Facultade de Veterinaria de Lugo; por Alejandro Fernández Fernández Xefe de Área de Selección e Mellora Xenética de Xenética Fontao, e por Manuel López Luaces, xefe de Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria. 

O programa da xornada é o seguinte:

10:00 – 10:15 Presentación e proposta de obxectivos 
10:15 – 11:00 – Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos e as bases de referencia
11:00 – 12:00 – Conceptos críticos: fiabilidade das probas, herdabilidade dos caracteres e consanguinidade dos apareamentos
12:00 – 13:00 – A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para a inseminación artificial. Obxectivos da selección
13:00 – 14:00 – Interpretación dos valores xenéticos. Parte 1
14:00 – 16:00 – Xantar (por conta dos asistentes)
16:00 – 7:00 Probas xenómicas fronte á selección convencional
17:00 – 18:00 – Interpretación dos valores xenéticos. Parte 2
18:00 – 18:30 – Pausa-café
18:30 – 19:00 – Os apareamentos. Programas informáticos de axuda
19:30 – 20:30 – Mesa redonda e resolución de dúbidas. Conclusións da xornada
 
A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia  As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico: ciam.cmr@xunta.gal. ou por fax (881 881 800) 
20 prazas. Por rigorosa orde de inscrición  Admitiranse solicitudes ata as 15:00 horas do día 18 de novembro. 

-Descarga aquí a folla de inscrición.

seminario mellora xenetica ciam

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información