Data inicio: 15/02/2022
Data fin: 15/02/2022
Lugar: FEUGA. Fundación Empresa - Universidade Galega, Calle de Lope Gómez de Marzoa, Santiago de Compostela, España
O grupo Operativo Proteinleg presenta o vindeiro martes, día 15 de febreiro, o seu proxecto de innovación centrado en proporcionar alternativas á proteína de orixe animal e á soia por medio de variedades tradicionais de leguminosas que se cultivarán dun xeito innovador, rendible e eficiente. A base destas legumes procuran novas fontes de alimentos ricos en proteínas vexetais saudables e saborosos.
O proxecto presentarase mediante un seminario online gratuíto e no que participarán representantes das distintas empresas que forman parte da iniciativa e que expoñerán os obxectivos e actividades que están a desenvolver. A iniciativa está confinanciada por fondos europeos e o Ministerio de Agricultura e conta cun orzamento que ronda o medio millón de euros.
O equipo multidisciplinar que participa no proxecto procede de diferentes comunidades autónomas. En concreto está liderado pola Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) e participan Ramiro Arnedo, Almacenes Gamallo, Mimic SeaFood, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través da Misión Biolóxica de Galicia (MBG) e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).
Así, a sesión de presentación do proxecto contará coa intervención de Ángel Sanabria (Feuga), Marta Santalla (MBG-CSIC), Lucio García (CTC), María Ángeles Muñoz (Ramiro Arnedo), Érica Pazos (Almacenes Gamallo) e Silvia Moreno (MIMIC SeaFood).
A presentación levarase a cabo ás 10.00 horas e terá unha duración de 90 minutos. As persoas interesadas poden tramitar aquí a súa inscrición para seguir a sesión, de xeito gratuíto.