Data inicio: 29/03/2022
Data fin: 29/03/2022
Lugar: Organización Interprofesional del Vino de España, Calle de José Abascal, Madrid, España
A Interprofesional do Viño de España (Oive) coa colaboración da Plataforma Tecnolóxica do Viño ( PTV) organizan o seminario en liña e gratuíto “Rexeneración e conservación do solo vitícola”.
A xornada celebrarase o próximo 29 de marzo en horario de 11:00 a 12:30 horas. Na sesión participarán dous dos investigadores destacados na rexeneración dos solos dos viñedos. Así, intervirá Pilar Andrés Pastor, doutora en bioloxía e experta en ecoloxía do solo e restauración dos solos degradados. Ademais, tamén participará David Fernández Calviño, investigador Ramón e Cajal, do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo.
As persoas interesadas en seguir a xornada poderán formalizar a súa inscrición nesta ligazón.
A iniciativa enmárcase dentro do convenio de colaboración das dúas entidades para o desenvolvemento dun plan conxunto de actuación cuxo obxectivo é o fomento da I+D+i do sector vitivinícola. Ademais, contarán coa colaboración de Agrobank.