A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Sementar Pioneer, sementar calidade

O control de calidade Pioneer sobre a semente de millo resulta clave para lograr un bo nacemento da planta

Sementar Pioneer, sementar calidade

A semente é un factor fundamental para garantir a rendibilidade do cultivo de millo. / Imaxes: DuPont Pioneer.

Nesta época aproxímase a data da sementeira do millo na nosa zona. O punto de inicio e principal xogador do partido é a semente. Resulta fundamental ter garantida unha boa xerminación e implantación da semente que poñemos no solo. Tendo isto, teremos asegurado, xa nestas primeiras datas, gran parte do rendemento esperado do futuro cultivo.

Cando vostede merca un saco de semente certificada, debe saber que a semente que contén esa bolsa pasou uns controis de calidade, tales como os de xerminación, pureza varietal, pureza específica e humidade.

“Controlamos un factor clave, o vigor, que determina a capacidade da semente para xerar plantas normais en condicións adversas de sementeira”

As normas de certificación oficiais esixen uns mínimos de calidade nos factores mencionados anteriormente. Estes valores actúan como límite inferior, aínda que en DuPont Pioneer imos máis aló, analizando e establecendo uns valores mínimos máis altos que os requeridos en certificación. Engadimos ademais un parámetro fundamental, como é o vigor da semente, todo iso para garantir unha maior calidade no produto que chega as súas mans.

Xerminación e vigor: dous conceptos fundamentais
Por xerminación, enténdese a capacidade da semente para xerar plantas normais en condicións óptimas de sementeira. Para verificar este parámetro, ponse unha mostra representativa de cada lote durante 7 dias en papel húmido nunha cámara de xerminación. Na cámara mantense unha humidade relativa do 90%, con luz artificial continua e unha temperatura de 20-25 ºC.

O vigor da semente, unido ao factor de xerminación, determina a capacidade de dita semente para xerar plantas normais en condicións adversas de sementeira.

“Unha mostra da semente permanece durante unha semana nunha cámara a 10º C, sen luz e cun chan saturado de auga”

Para comprobar o vigor en laboratorio, colocamos unha mostra de semente nunha cámara frigorífica a 10 ºC, sobre un chan saturado de auga e sen luz durante 7 días, (simulando unha sementeira con choivas e temperaturas baixas). Pasado este período de tempo, a mostra lévase a unha cámara de xerminación durante 3 días con 25 ºC de temperatura, luz e 90% de humidade ambiental.

En ámbolos casos, tanto ao valorar o potencial de xerminación como o vigor, efectuamos cálculos das plantas normais ao final do periodo de control. Sobre eses valores determinamos a viabilidade dun lote de semente.

Imaxes do proceso de análise do vigor.

Imaxes do proceso de análise do vigor.

Plan de sementeira guiada

Como incluso a pesar destes test que se lle realizan á semente, as condicións de campo poden ser moito máis duras, xa que interveñen multitude de factores combinados, tales como tipos de terra, temperaturas moito máis frías, choivas moi copiosas, formación de costras, etc., en Pioneer non só extremamos o coidado da análise do vigor, senón que ademais garantimos a viabilidade do cultivo co noso Plan de Sementeira Guiada, que inclúe un seguro de resementeira se a conxunción de condicións climáticas adversas levase a unha menor densidade de plantas da desexada.

Todo o explicado anteriormente dálle ao agricultor que confía en Pioneer a garantía total de contar cunha semente de excelente calidade que asegura un número de plantas óptimo, co que maximizamos o beneficio do seu cultivo.

Para máis información sobre este aspecto ou calquera outro relacionado co cultivo do millo, non dubide en contactar co seu Asesor Agronómico Pioneer.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *