A Semana Forestal 2025, organizada pola Delegación de Alumnos da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, reunirá do 7 ao 10 de abril a expertos e estudantes nun evento que abordará os desafíos e oportunidades do sector forestal.
Entre as actividades máis destacadas atópanse a mesa redonda de antigos alumnos, conferencias sobre xestión forestal e prevención de incendios, así como unha ruta medioambiental polo río Lérez. As persoas interesadas poden acceder á programación completa na seguinte ligazón.
Luns 7 de abril
- 09:45. Inauguración oficial.
- 10:30. Inventario forestal continuo de Galicia: Produtos cartográficos e portal web.
- 12:00. Xestión cinexética en espazos naturais protexidos en Galicia.
- 16:00. Ruta medioambiental polo río Lérez (previa inscrición).
Martes 8 de abril
- 10:00. A biomasa, oportunidade estratéxica do forestal galego.
- 11:30. Presentación sobre o Inventario Forestal de Galicia.
- 16:00. Conferencia sobre a xestión de montes co enxeñeiro Alberto Mayo.
Mércores 9 de abril
- 10:00. Resposta do equipo FAST aos incendios na Amazonía boliviana.
- 11:30. Dirección de extinción en incendios nivel B.
- 13:00. Análise estratéxica de prevención de incendios forestais: Proxectos USE4FOREST e FIREPOCTEP+.
Xoves 10 de abril
- 12:00. Celebración de San Leandro con actuacións musicais de Freixos do Lérez, Antxo & The Groukies e DJ Álex Brea.