Seis touros de Fontao destacan nos rankings europeos

Rioaveso é número 1 en Holanda e Polonia, Pantone e Palmer ocupan en Alemania os postos 5 e 7, e destacan tamén no ranking francés Houston (10) e Hondo (14), segundo as clasificacións de Eurogenomics

Seis touros de Fontao destacan nos rankings europeos

Raza frisona. / Imaxe: Conafe.

Cada país puntua os touros con diferentes escalas, adaptadas ás peculiaridades, obxectivos e datos de cada país. En España, emprégase a puntuación ICO para valorar os touros, que se demostra de calidade cando os touros españois de alto ICO se comparan a nivel europeo. Así, nos rankings que vén de publicar Eurogenomics coas diferentes escalas europeas, seis touros de Xenética Fontao ocupan destacados postos.

Rioaveso é número 1 en Holanda e Polonia; Pantone o número 5 en Alemania; Palmer ten o posto 6 en Polonia e o 7 en Alemania; en tanto en Francia destacan Houston (10) e Hondo (14). A estes touros hai que sumar ademais a Prud, que se cola no ranking nórdico NTM, probablemente o que máis difira do resto dos rankings.

Se se ten en conta a posición promedio nos diferentes rankings europeos, dous dos touros de Fontao figuran entre os 30 primeiros. Rioaveso, de número 4 e Hondo no 5; estando tamén outros touros españois na lista dos 30 mellores de Europa, caso de Adaway (16), Hogan (26) ou Ski (29).

Desde Conafe (Confederación de Asociaciones de Frisona Española) sinalan en nota de prensa que estas posicións avalan a calidade xenética de todos estes touros, que presentan valores ICO entre 4.434 e 5.145, “o que demostra que hai touros de gran nivel nos centros nacionais, axeitados para calquera obxectivo de selección e en calquera gandería”.

Conafe subliña ademais que as evaluacións xenómicas españolas permiten identificar animais cuxo potencial xenético será moi similar, carácter a carácter, en calquera evaluación doutro país.

A entidade lembra que as evaluacións xenéticas e xenómicas baséanse en toda a información dispoñible (xenealoxías, control leiteiro, calificación morfolóxica e datos funcionais) procedente das ganderías asociadas ó Libro Xenealóxico a través das asociacións e federacións autonómicas da raza frisona. Na actualidade, están rexistradas en Conafe 5.341 ganderías, que suman máis de 740.000 animais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información