A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Seipasa presenta en España o novo biofunxicida Seitylis

A compañía anuncia o lanzamento da nova solución microbiológica de protección de cultivos para o control de diferentes enfermidades fúnxicas

Seipasa presenta en España o novo biofunxicida Seitylis

Imaxe do novo biofunxicida Seitylis

A empresa española especializada no desenvolvemento e formulación de bioinsecticidas, biofungicidas e bioestimulantes para a agricultura, Seipasa, vén de anunciar o lanzamento de Seitylis, un novo funxicida biolóxico de orixe natural formulado cunha cepa de Bacillus subtilis de última xeración e alta eficacia.

Segundo a información facilitada pola compañía a Campo Galego, Seitylis actúa de forma preventiva e curativa para o control dun amplo espectro de enfermidades como oídio, mildiu e moteado. Para Francisco Espinosa, director de I+D+i de Seipasa, esete novo funxicida consolida o amplo coñecemento desenvolvido pola compañía no uso de microorganismos como inimigos naturais das pragas e enfermidades.

“Con Seitylis damos un paso máis en todo o traballo de investigación desenvolvido ao redor da bacteria Bacillus subtilis ao longo dos últimos anos. Fomos pioneiros á hora de aplicar esta liña de coñecemento á agricultura, que xa trasladamos ao mercado internacional a través de solucións rexistradas en diferentes países e continentes, no caso do premiado biofungicida Fungisei, ou do bioestimulante radicular Radisei, rexistrado en España”, explica Espinosa.

“Con Seitylis pomos en valor toda a innovación no uso de microorganismos aplicados á agricultura e achegámola ás mans dos agricultores a través dunha solución segura e da máxima eficacia e confianza”, engadiu o director de I+D+i da compañía.

Efecto antagonista e activador de defensas
Seitylis proporciona un efecto antagonista que despraza os organismos patóxenos do seu nicho e impide que se desenvolvan. Actúa formando unha barreira biolóxica de protección que se instala na cuberta vexetal e activa o sistema de defensa integral da planta. Seitylis presenta, a curto prazo, moita seguridade e é apto para o seu uso en agricultura ecolóxica.

Acerca de Seipasa

Seipasa é unha empresa española pioneira en biotecnoloxía aplicada á agricultura. Deseña, rexistra e comercializa solucións de orixe botánica e microbiológico para a protección, a bioestimulación e a nutrición dos cultivos a nivel global. A compañía naceu en 1998 a partir da visión empresarial de anticiparse ao cambio e á transformación que a industria agrícola vive hoxe en día. Logo de 23 anos, Seipasa impulsou o modelo Natural Technology a partir do cal desenvolve solucións de alto valor tecnolóxico, aliñadas coa sustentabilidade e que se aplican nas agriculturas máis esixentes do planeta.

A súa sólida aposta pola innovación nun sector tradicional e fortemente regulado como o agrícola fixérona merecedora do Premio Nacional de Innovación 2020 que concede o Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno de España. Seipasa exporta os seus produtos a 25 países en todo o mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *