O millo forraxeiro, clave na alimentación do gando, xoga un papel fundamental nas explotacións lácteas galegas, pero o seu cultivo está suxeito a unha serie de riscos que poden poñer contra as cordas a rendibilidade das granxas.
Desde Ucoga Seguros, a correduría de seguros galega líder no sector agroalimentario, analizan cal é a mellor maneira de protexer os cultivos a través do seguro para o millo forraxeiro.
Riscos
Galicia ten un clima favorable para o millo forraxeiro, aínda que a zona con influencia máis mediterránea, como o sur de Lugo ou o Deza, pode derivar para o cultivo en problemas nos veráns secos. Do mesmo xeito, tamén os ventos e as choivas extremas e inundacións poden ser un problema noutras comarcas, xeralmente máis atlánticas, como sucedeu na última campaña.
Ás incidencias meteorolóxicas hai que sumar as ameazas de pragas e enfermidades. E un último factor moi presente en toda Galicia é o xabaril, que acostuma causar sinistros, de maior ou menor dimensión, na práctica totalidade das comarcas gandeiras.
A xestión de riscos preséntase, por tanto, como clave para garantir o éxito económico do cultivo.
Data de contratación e coberturas
Atopámonos en plena campaña de contratación do seguro para o Millo forraxeiro. A data límite para a firma desta póliza é o 30 de abril de 2025. Isto permite aos agricultores asegurar os seus cultivos desde o principio e garantir unha cobertura adecuada durante todo o ciclo de crecemento.
A través do seguro para cultivos forraxeiros pódense asegurar as explotacións de millo Forraxeiro, alfalfa forraxeira, veza forraxeira e outros cultivos forraxeiros para forraxe. Tamén entran nesta categoría de seguro as sementes forraxeiras e as producións de palla dos cultivos de cereais de inverno e dos pastos.
Asegurar unha hectárea ten un custo de entre 14 e 18 euros
Esta póliza cobre os danos que poida sufrir a produción de millo por un custo asumible para o propietario da explotación. Asegurar unha hectárea de millo pode oscilar entre 14 e 18 euros, e garante a cobertura desde o momento de sementar, cunha carencia de 6 días, finalizando no momento da recolección.
Módulos
A través de tres módulos, con distintas coberturas, este seguro cobre os riscos non controlables polo agricultor. As principais causas de sinistralidade nos cultivos son debidas aos axentes climatolóxicos como a saraiba, a choiva torrencial ou choiva persistente, inundacións, ventos tempestuosos e incendios. Estes danos poden ser devastadores e poden afectar tanto á calidade como á cantidade da produción. Todos eles quedan cubertos con esta póliza.
Podes consultar con Ucoga as coberturas que máis che interesan, a fin de seleccionar o módulo adecuado para a túa póliza.
Este seguro é moi demandado na comunidade galega xa que, ademais de protexer ao cultivo e ao agricultor fronte aos danos provocados polas inclemencias do tempo, tamén cobre os danos provocados pola fauna silvestre, como o xabaril.
Outro aspecto para ter en conta é a cobertura por non nacemento do millo forraxeiro. Unha cobertura específica que protexe aos agricultores no caso de que as sementes sementadas non xerminen adecuadamente ou non dean lugar a plantas sas e produtivas. Esta póliza ofrece unha compensación financeira para os agricultores que experimentan perdas debido a fallas na xerminación das sementes ou a problemas relacionados co establecemento dos cultivos.
Incentivos e Apoio para a Adquisición de Seguros Agrícolas:
Para colaborar na contratación de seguros por parte dos profesionais do sector primario, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ofrece subvencións a través de ENESA (Entidade Estatal de Seguros Agrarios) a novos agricultores, agricultores profesionais, explotacións prioritarias ou os pertencentes a unha organización de produtores.
Consulta con Ucoga Seguros a subvención que che corresponde en función das características da túa explotación. Ademais, informaranche sobre as subvencións que poida conceder a túa comunidade autónoma.
Contacto Ucoga
- Tel.881 155 155