Segundo encontro da veciñanza do Condado de Paradanta sobre a transición ecolóxica

Realizarase o vindeiro venres 14 de abril, nas Neves, e abordará a transición territorial e ecolóxica da zona no marco da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa do Grupo de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta

Segundo encontro da veciñanza do Condado de Paradanta sobre a transición ecolóxica

Imaxe do último encontro realizado polo GDR Condado Paradanta sobre a transición ecolóxica. // Fonte: GDR Condado Paradanta

O Grupo de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta organiza o segundo encontro da veciñanza para examinar a transición territorial e ecolóxica da zona, no marco da elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa. Terá lugar o vindeiro venres 14 de abril na Casa da Xuventude das Neves, e despois dela pecharase o ciclo en Covelo, o dia 28 deste mes, e centrará a temática na transición enerxética. 

Nesta ocasión, os temas a tratar abordarán a ordenación e usos do territorio, a mobilidade de terras agrarias e as figuras de xestión. Despois dos relatorios haberá un espazo de reflexión e debate onde o público poderá compartir as súas inquedanzas, dubidas e achegas e participar activamente das liñas de desenvolvemento económico, social e ambiental do seu territorio. 

Segundo o presidente do GDR, Juan Pablo Castillo, “despois da gran experiencia do primeira sesión realizada o 31 de marzo en Ponteareas, agárdase unha boa implicación dos veciños e veciñas do territorio que queiran compartir as súas achegas”. As suxestións da veciñanza serán tidas en conta á hora de decidir que proxectos poderán ser candidatos aos fondos europeos para os vindeiros catro anos.

Na xornada participarán a directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, Inés Santé; o cofundador de estudo MMASA , Luciano Alfaya e a arquitecta da Fundación Juana de Vega, Nuria Freire. Tamén intervirán o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e o xerente do GDR Condado Paradanta, Paco González. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información