Segunda xornada técnica sobre “Valorización de frondosas autóctonas” o día 30 en Lugo

O Distrito Forestal IX Lugo-Sarria organiza o vindeiro 30 de novembro, mércores, a segunda xornada ténica sobre “Valorización de frondosas autóctonas”.

A xornada terá lugar no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPSE) en horario de 9:15 a 15:30 horas. Esta edición é continuidade da que se celebrou fai un ano e pretende afondar na innovación tanto forestal como da madeira vinculada ás frondosas autóctonas.

As inscricións poden realizarse enviando un email a xbruna@xunta.gal ou chamando ao teléfono 982 828 620

Velaquí o programa:

XORNADA FRONDOSAS PROGRAMA LUGO 30N

Esta acción está aprobada dentro do plan de transferencia ao agro galego de AGACAL/Medio Rural co número de protocolo 2022/143.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información