Segunda semana consecutiva de suba dos xatos frisóns en Silleda

Evolución positiva tamén dos becerros carniceiros cruzados, que recuperaron o terreo perdido a semana pasada gañando máis de 100 euros na sesión deste martes, e tamén nas vacas, que subiron 70 euros no caso da categoría Extra e 50 as de Primeira

Suba de novo da recría este martes na sesión semanal da Central Agropecuaria de Galicia en Silleda. Os xatos pintos gañaron entre 20 e 30 euros de media, segundo a súa idade, que se suma á revalorización da semana pasada, que foi de 80 euros para os becerros frisóns de 15 días e de 50 para os de máis de tres semanas. 

En canto aos xatos cruzados, os máis pequenos perderon parte do terreo gañado a semana pasada, na que tiveran unha forte suba de máis de 100 euros, perdendo este martes 25 euros. No resto de categorías, os de máis de 50 días avanzaron sen embargo 60 euros. A rubia galega descendeu lixeiramente, pero segue en niveis altos impulsada pola falta de animais.  

Silleda 3-2-26 recriaNos becerros carniceiros, a sesión foi tamén alcista, cunha suba notable nos machos de cruzamento industrial, que gañaron máis de 100 euros (os mesmos que perderan a semana pasada), mantendo prezos a rubia galega. No caso dos animais frisóns de cebadeiro, só asistiron un macho e dúas femias, polo que os prezos obtidos non permiten sacar conclusións a respecto dunha posible tendencia. 

Silleda 3-2-26 becerros carniceirosO vacún maior mantén as altas cotizacións, cunha suba de 70 euros na sesión deste martes para as vacas de categoría Extra e de 50 euros para as da categoría Primeira, mentres que as de Segunda perderon 30 euros. 

Silleda 3-2-26 vacun maiorNo relativo ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, o porcino semella comezar a recuperar prezos. As distintas categorías de porcino cebado permanecen estables nas últimas semanas, despois de ter tocado fondo, e cos bacorriños en ascenso. Esta semana subiron tres euros en animal, tanto nos de procedencia única como nos de distintas granxas, que se suma a revalorización da semana pasada, que foi dun euro. 

Pola contra, as galiñas de desvelle seguen perdendo valor, en concreto 2 céntimos en quilo esta semana, que se suman ao céntimo perdido a semana anterior. Os ovos seguen sen moverse e os coellos tamén están estables esta semana, despois da perda de 10 céntimos a mediados de xaneiro. 

Silleda 3-2-26 mesas de prezosPodes descargar a cotización completa desta semana neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información