Segunda convocatoria no ano de axudas para maquinaria agrícola en réxime asociativo

O Consello da Xunta analizou esta semana a nova convocatoria, que se publicará ao longo deste mes no Diario Oficial de Galicia

Segunda convocatoria no ano de axudas para maquinaria agrícola en réxime asociativo

A Xunta fará este ano unha segunda convocatoria de axudas para maquinaria agrícola en réxime asociativo, cun orzamento inicial de 400.000 euros, con posibilidad de ampliación hasta 3,2 millones, financiados ao 100 % con fondos do Instrumento de recuperación da unión europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O obxectivo desta convocatoria é promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego. Ademais, tamén permite racionalizar os custos de mecanización no seu emprego, incrementar a seguridade, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético.

As axudas están dirixidas a cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT), que poderán financiar todo tipo de maquinaria de uso común, sempre que supoñan unha redución de custos de produción ou incrementen a súa produtividade. Tamén se consideran financiables os estudos técnico-económicos de viabilidade da operación.

Desde o ano 2015 aprobáronse máis de 430 expedientes destas axudas, cun investimento de 41,2 millóns de euros e cunha achega media duns 95.000 euros por cada beneficiario. As provincias con maior número de expediente aprobados son A Coruña, co 45 %, e Lugo, co 35 %.

Estas axudas, enmarcadas no PDR 2014-2020, están financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) desde o ano 2020 e prevese a súa continuidade nos vindeiros anos dentro das medidas do Plan estratéxico da PAC (PEPAC).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información