Segue a escalada do prezo dos cereais e dos fertilizantes no inicio do 2021

CEREAIS UE XANEIRO 21A Comisión Europea acaba de publicar un informe sobre a evolución do prezo das producións agrarias e dos principais insumos agrícolas correspondente a xaneiro deste ano, e no que se mantén a tendencia alcista tanto dos cereais como dos fertilizantes.

En concreto, no caso dos cereais, a soia cotizouse en xaneiro na Unión Europea a 434,6 euros a tonelada, un 5,8% máis que en decembro do pasado ano. Máis acentuada foi a subida do millo, un 11%, e sitúase nos 216,6 euros tonelada. Idénticas subas mensuais para a cebada e o trigo brando, que se cotizaron o pasado mes a 214,8 e 229,8 euros a tonelada, respectivamente.

Subida dos fertilizantes

FERTILIZANTES UE XANEIRO 21

Os fertilizantes tamén acumulan un importante encarecemento: A urea cotizouse en xaneiro a 265 euros, un 8,2% máis que en decembro, e acumula unha subida interanual do 23%. O fósforo tamén acumula importantes subidas nos mercados internacionais.

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información