Segue a boa evolución dos produtos lácteos nos mercados

PREZOS LACTEOS UE SEGUNDA SEMANA SETEMBRO 21As últimas cotizacións dos produtos lácteos na Unión Europea seguen mostrando unha evolución positiva, con alzas en prácticamente todos eles.

Así, segundo os últimos datos do Observatorio do Mercado Lácteo da UE, referidos á pasada semana, a manteiga subiu na última semana un 1%, quedando o seu prezo nos 4,05 euros por kilo, un 16% máis que hai un ano.

No caso do leite en po desnatado, a suba semanal foi do 1,2%, situándose a cotización media nos 2,60 euros o quilo, un 21% maís que hai un ano. No leite en po enteiro tamén se rexistrou un incremento, do 2%, quedando o quilo nos 3,25 euros, un 19% máis que na mesma semana do ano pasado.

Nos queixos a evolución foi máis irregular: houbo subas no Edam, do 0,2%, e no Gouda, do 0,7%, pero baixadas no Emmental e no Cheddar, do 1,2 e 1,1%, respectivamente. En todo caso, a evolución interanual é positiva: con subas do 8% no caso do Cheddar e do Edam, do 7% no Gouda e do 1% no Emmental.

Por último, o soro de leite en pó -”wheypouder”, en inglés- cotízase a 0,97 euros o quilo, un 0,5% máis que na primeira semana de setembro, pero un 35% máis que en 2020.

Consulta aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da UE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información